viernes, 10 de abril de 2009

o liberalismo clásico

Un bo exemplo da teoría liberal clásica, dáa X R Barreiro, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega, e mestre meu nesa facultade, no libro Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego (Xerais / Consello da Cultura Galega, páxinas 482-487):



    1. A cosmovisión liberal

              [Os liberais tiñan conciencia de estaren a crear un mundo absolutamente novo, unha nova sociedade, unha nova nación e un novo estado, totalmente distinto do feudal-aristocrático. Por iso pensaban en termos absolutos, case utópicos]

4.1.1. Fundamento de sociedade. O home está no mundo para ser feliz e anhela sempre a felicidade. Sobre esta idea debe construírse a base antropolóxica do discurso liberal. Non se nega a transcendencia nin a orixe divina do cosmos, simplemente se prescinde desta cuestión, xa que afecta ao eido da relixiosidade, da privacidade. Estamos, pois, ante unha nova perspectiva intramundana, laica (López Aranguren, 1965).

A natureza é o fundamento de toda a orde natural e é ela a que prescribe a orde xurídica fundamental: «O dereito de xentes natural non é outra cousa que a razoable e oportuna aplicación as nacións das leis que prescribe -a natureza- aos particulares»

É a natureza a que fai os homes iguais entre si93.

A sociedade nace dun «espontáneo con-sentimento» (...) limitar o ámbito da súa liberdade e independencia para garantir a súa seguridade, a propiedade, a igualdade e a liberdade54. Estamos, pois, ante a teoría do pacto social: «O amor do cidadán á patria é consecuencia precisa do natural amor a si mesmo, pois o seu propio ben consiste no daquela. Tales sentimentos resultan do pacto social co Es­tado.»

A consecuencia é que a autoridade deriva e nace da propia sociedade. E iso lévanos ao tema nuclear da soberanía nacional.

(...)

Para os liberais, o feito de que a soberanía nacional radique no pobo é unha especie de dogma.

Da natureza deriva a igualdade dos homes: «É a natureza a que fixo iguais os homes sinalándolles uns mesmos dereitos e impoñéndolles idénticas obrigas.»

E coa igualdade, a liberdade, porque «o home é o dono absoluto da súa vontade»

A liberdade defínese como «o dereito de obrar e dicir canto non dane nin ofenda ningún individuo da sociedade»

Da igualdade e a liberdade, remotamente da natureza, manan os dereitos fundamentais: Dereito á vida, porque «a vida e exis­tencia do cidadán é sagrada»

Dereito á integridade física, proscribindo a tortura xudicial

Dereito a manifestar, escribir e imprimir as propias ideas

Dereito a participar na vida política e a ser representado

      1. Organización da sociedade. Ao cle­ro, é dicir, á Igrexa, correspóndelle todo o que se refire ao foro interno e ao mundo es­piritual; e ao Estado e aos seus funcionarios correspóndelles o foro externo''''.

        (...) Pero no liberalismo hai tamén unha tendencia máis radical que propón a total su­presión da aristocracia.

Clero e nobreza, escribe un autor anónimo, sempre traballaron para impedir o cambio e a modernidade (...)

Polo que respecta ao pobo, os liberais es­tán convencidos de que a Constitución e os decretos das Cortes atoparán un consenso xeneralizado porque benefician os cidadáns. Pero lembran que os cidadáns só deben someterse «no que fose xusto»"". Ninguén fala de obediencia como virtude ou mérito para agradar a Deus, senón que se expresan sempre con criterios de racionalidade.


4.1.3. Ideas económicas. Vivimos no mundo para sermos felices e temos paixóns que son as forzas que nos impulsan a acadar novas metas, «porque o interese é o móbil principal de todas as operacións do home» {

Estamos na ética intramundana e laica da que falou e tan ben escribiu López Aranguren.

A liberdade económica debe ser total «con tal que non quebrante as leis da natureza»

Liberdade para crear negocios, comerciar, fixar prezos. Este é un dos principios básicos do liberalismo: o libre mercado que non pode ser controlado polo poder político, porque sería atentar contra as leis da nature­za. (....) «Ende­xamais haberá fame, os prezos padecerán menos alteración e sempre abundarán os víveres... porque a baratura ten de vir da abundancia e a abundancia ten de vir da li­berdade que é a alma do comercio» (

O optimismo filosófico de Foronda lévao a pensar que só as leis económicas poden re­gular toda a vida económica. Foronda des­conecta fenómenos tan económicos como o monopolio ou o trust.



      1. A organización política. A política, en xeral, debe estar «acomodada ás leis fundamentais, xeralmente admitidas en todas as nacións, e ten por obxecto a recíproca conservación da propiedade, liberdade e seguridade... e, por fin, a felicidade xeral»

      2. (..)

Cos ollos postos na Francia napoleónica e centralista, os liberais soñaron cunha es­trutura administrativa sinxela e centralista. Cumpría, pensaban eles, varrer as unidades administrativas tradicionais. E iso por dúas razóns: porque desta maneira cesaban todos os empregados da vella administración que, non sen fundamento, crían que eran favo­rables a un réxime absolutista e, en segundo lugar, por eficacia. Estaban convencidos de que a administración debía ser unha má­quina perfecta. Pretendíase levar á práctica o que Cormenin aconsellaba nos seus trata­dos de Dereito Administrativo en Francia: «Na máquina enxeñosa e sabia da nosa ad­ministración as grandes rodas impulsan as medianas e estas fan xirar as pequenas ao redor do seu único eixo.»

Levados polo seu centralismo critican a constitución e permanencia das xuntas superiores dos distintos reinos, porque «a máquina se descompon nunha porción de fragmentos que, organizándose cada un de por si, á súa maneira, perden gran parte da forza que debería darlles o común enlace»116

Non quedaron tranquilos ata que dividi-on toda España nun axadrezado de provin­cias, e cos límites ás veces arbitrarios e, sobre todo, sen tradición histórica. Dentro de cada provincia a única unidade contemplada era o concello. Non foron recoñecidos nin os Reinos —Galicia, Cataluña etc.—, nin as comarcas históricas, nin as parroquias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario