viernes, 17 de abril de 2009

A profundidade da crise

Cada vez se confirma máis a profundidade da crise. Agóirase uns tres anos de crise, polo menos. A miña impresión é que "hoxe menos que onte pero menos que mañá". Os maos augurios foron in crescendo e coido que ese será o teor os próximos anos.
Desta crise non se vai saír sen medidas estruturais profundas. E esas medidas non van ser máis liberalización nin más globalización. Terán que ser 1) Poñerlle freo, racionalizar, a ultra liberalización e a ultra globalización. 2) Crear un sistema educativo competente, non pode ser que o presidente dun país ou dunha multinacional teña estudos primarios e secundarios iguais que os dos non universitarios. os universitarios terían que ter estudos primarios e secundarios de elite. 3)Reducir drasticamente a poboación futura e o consumo de recursos.
Esta crise vai ser moito peor que a do 29, moito peor porque non é unha crise do ciclo económico, é unha crise do modelo económico, do modelo demográfico e do modelo ecolóxico.
É unha crise total. Se a humanidade non é capaz intelectualmente de entender a crise, quizais se cumpra aquilo de que "cada un ten o que se merece". Extinción ou racionalidade, velaí a cuestión.
Pero pra que se comprenda a crise ten que haber unha nova xeración moito máis preparada, unha elite competente que se aproximen ao que é o sabio, non o experto parcelista. Hai 30 anos por diante para preparala. Quizais aínda non sexa tarde para o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario